O cliente axeitado.
No momento oportuno.
Coa mensaxe axeitada.

Estar por estar non é suficiente.
Publicar por publicar non serve.
Facer sen dirección é desperdiciar recursos.

En A Meiga facemos márketing con estratexia.
E só se ten sentido facelo.

O noso enfoque

Non xestionamos canles.
Xestionamos o propósito.

Antes de activar nada, preguntámonos:
— Que necesita o teu negocio agora mesmo?
— Que canles teñen sentido para ti?
— Que mensaxes conectan co teu cliente ideal?

Podemos executar, coordinar ou acompañar.
Pero nunca o facemos sen unha folla de ruta clara.

Como traballamos o márketing dixital?

Todos os servizos continuos de márketing dixital forman parte do modelo Partner Dixital.
Esto permítenos ofrecer dirección estratéxica, coherencia entre canles e un equipo á tua medida.

Se a túa marca está lista para medrar con intención, este é o camiño.

Non precisas un servizo continuo?

Tamén ofrecemos packs de activación estratéxica por canle,
ideais para marcas que queren poñer en marcha algo concreto de forma profesional.

Activamos canles cunha visión estratéxica, resultados claros e un enfoque na autonomía.
Analizámolo, estructurámolo, implementámolo e dámosche o que necesitas para que ti ou o teu equipo o poidades xestionar.

Canles que activamos:

Instagram, Facebook, TikTok, LinkedIn, Pinterest…

Estratexia, ferramentas, fluxos automatizados e lanzamentos.

Google Ads, Meta Ads, TikTok Ads, LinkedIn Ads…

Posicionamento orgánico, contido e estrutura técnica.

Podcast, blog, marketplaces, automatizacións… o que precise a túa estratexia.

É para ti se...

Buscas impacto, non só presenza.

Queres traballar desde a estratexia.

Queres unha base ben desenvolvida e a autonomía para xestionala sen depender de terceiros.

Queres que alguén o poña en marcha e che ensine a usalo.

Non é para ti se...

Estás a buscar alguén que o xestione de forma continua.

Non queres aprender a xestionalo ou non tes alguén que o poida xestionar.

Estás preparado/a para facer mercadotecnia con significado real?
Pasa á lareira.
Falemos dos teus canais, do teu cliente e da túa mensaxe.
Deseñaremos un plan que conecte todo coa intención.
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.