Destapa A Laracha: gastronomía, comunidade e marca local

Sabores que din algo máis

Cando o Concello da Laracha quixo darlle nova vida á súa tradicional ruta de tapas, o obxectivo era claro: renovar o formato, profesionalizar a campaña e construír unha marca gastronómica que puidese medrar ano tras ano.

A Meiga encargouse de darlle forma a esa ambición, transformando a idea nun proxecto con identidade propia, alma visual e planificación estratéxica que conectase co público actual.

Así naceu Destapa A Laracha. 

Unha campaña con ritmo, sabor e estratexia

O noso traballo comezou definindo o concepto. Buscábamos un nome pegadizo, doado de lembrar, gráficamente adaptable e con proxección a longo prazo. Así naceu Destapa A Laracha, un xogo de palabras directo e flexible que se converterá nun evento anual.

A partir de aí, desenvolvemos un formato completo e escalable:

  • Celebración durante varias fins de semana, cun evento de clausura final.
  • Participación aberta á veciñanza de todo o concello.
  • Control de calidade mínimo requirido para as tapas.
  • Sistema de ludificación mediante pasaporte para fomentar o consumo repetido.
  • Distribución de premios tanto para hoteleiros como para clientes. 

Unha proposta deseñada para impulsar o comercio local, aumentar o tráfico aos establecementos participantes e fortalecer o sentido de comunidade.

Un evento con vocación de continuidade

O impacto de Destapa A Laracha foi inmediato:

  • A participación dos establecementos foi maior que en anos anteriores.
  • Xerouse unha maior participación cidadá grazas ao pasaporte de tapas e ao mecanismo de premios.
  • A identidade visual foi clave para acadar profesionalidade e diferenciación con respecto ás campañas anteriores.
  • A presenza en liña permitiu que o evento chegase moito máis alá do nivel local, abrindo a porta a futuras edicións con maior visibilidade. 

Así é como se ve Destapa A Laracha.

Identidade visual
Deseño vibrante, adaptable e recoñecible. Estética moderna para un evento tradicional que se reinventa.

Redes sociais
Comunicación dinámica, contido atractivo, campañas por fases e un alto nivel de participación local.

Contido audiovisual
Vídeos promocionais, entrevistas, vídeos de impacto e recursos gráficos para reforzar a difusión.

Xestión integral
Coordinación entre o concello, os hostaleiros e as empresas implicadas. Un proxecto de imaxe corporativa da cidade executado de principio a fin. 

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.